Aínda que a Lei do Solo precisa que todo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), ten carácter público e recoñece á cidadanía tanto o dereito a súa consulta como o deber do seu cumprimento, no caso do Planeamento Xenuino de Fene, a pesar que a precisión dos seus términos non alberga dúbida de interpretación nin de execución; a omnipotente vontade dos membros das últimas corporacións e de gran parte da presente, puxo de manifesto que en materia urbanística as decisión dos munícipes fenenses excederon con moito o contido das súas determinacións, facendo que o incumplimiento e a inobservancia do Plan fose a tónica xeneralizada. Todo un singular xeito de como protexer e defender os intereses públicos.
Poderiamos referir multitude de exemplos de toda índole, pero cingámonos ao caso da Rúa Hortela coa finalidade de esclarecer até as últimas consecuencias, un feito que como xa quedou referido en entregas anteriores, reviste unha extraordinaria gravidade.
Por tratarse dun acto abertamente ilegal, e que é imputables por acción ou omisión a concelleiros/as que forman ou formaron parte da corporación, pois a súa consumación levouse a termo desatendendo o contido do planeamento, informes desfavorables da oficina técnica como asemade da asesoría xurídica municipal, sendo por iso que os autores de tal proceder, malamente poden aducir descoñecemento de causa cando a actuación realizouse conscientemente, a sabendas de estar cometendo unha ilegalidade.
Por tratarse dun acto abertamente ilegal, e que é imputables por acción ou omisión a concelleiros/as que forman ou formaron parte da corporación, pois a súa consumación levouse a termo desatendendo o contido do planeamento, informes desfavorables da oficina técnica como asemade da asesoría xurídica municipal, sendo por iso que os autores de tal proceder, malamente poden aducir descoñecemento de causa cando a actuación realizouse conscientemente, a sabendas de estar cometendo unha ilegalidade.
E iso é así, pois cando o órgano competente para resolver o asunto(chámense representantes políticos) apártanse do criterio xurídico-técnico, aínda que como preceptivo non sexa vinculante (ver artigo 82 e 83 LRJPAC), cando a resolución contraria difire do seu contido, a mesma, terá de ser motivada , (ver artigo 54.1.c LRJPAC), requisito que non se cumpriu en modo ningún no caso que nos acompaña.
Este incumprimento é o que poñemos en coñecemento da cidadanía achegando o precisado técnica e xuridicamente sobre o particular, e cuxa observancia evitaría a privatización "sui generis" do indebido, e a incursión dos membros da corporación nuns feitos claramente punibles.
Para facilitar á veciñanza o entendemento do exposto, incorporamos referencias gráficas e reseñas do expediente administrativo, (acordos plenarios, planos e informes técnico - xurídicos emitidos), para que poidan facer composición do acontecido, e así, tomar razón deste disparate urbanístico; e entendan á súa vez as accións que forzosamente compre promover ante a xudicatura en expurga de responsabilidades , ante a gravidade do actuado e á vista do silencio administrativo utilizado polo Concello por toda resposta.
En sesión extraordinaria celebrada polo Concello Pleno en data 2 de Febreiro do 2010, prestouse aprobación a seguinte proposta
En sesión extraordinaria celebrada polo Concello Pleno en data 2 de Febreiro do 2010, prestouse aprobación a seguinte proposta
Cóntese que na Acta da Sesión, consta referencia do informe da oficina técnica do Concello certificando a disponibilidade se solos necesarios para a execución da obra ou no seu caso dereito real sobre os terreos ou título xurídico sobre estes.
O documento técnico base de aprobación ten entrada de rexistro do día anterior á celebración da Sesión Plenaria, é dicir, o 1 de Febreiro de 2010 ( Rexistro de Entrada nº1129), e o contido da súa Memoria non ofrece dúbidas sobre as características da obra, os motivos da súa realización como tampouco sobre o seu ámbito de actuación.
MEMORIA do DOCUMENTO TÉCNICO
Pero a pesar de:
As cousas son así de certas, aínda que os directos responsables, previo ao proceso electoral, non tivesen a valentía nin a decencia política de transparentar a verdade poñendo esta en coñecemento dos electores.
O documento técnico base de aprobación ten entrada de rexistro do día anterior á celebración da Sesión Plenaria, é dicir, o 1 de Febreiro de 2010 ( Rexistro de Entrada nº1129), e o contido da súa Memoria non ofrece dúbidas sobre as características da obra, os motivos da súa realización como tampouco sobre o seu ámbito de actuación.
MEMORIA do DOCUMENTO TÉCNICO
En resumo, a Memoria non ofrece dúbidas de interpretación ao ser o seu contido especialmente concreto.
E precisar que:
- O principal obxectivo da actuación era crear unha área de estacionamento 12 prazas para servizo dos usuarios da escola infantil (Gardaría).
- O trazado da zona de rodadura do vial axustábase ao da Rúa Hortela, (segundo as fotografías que achéganse). Mantendo idéntica entrada á existente, con novo acceso de saída cara á Rúa do Peirao, á vez de garantir a accesibilidade aos terreos lindantes.
- Acotar o ámbito de actuación, ao establecer que a súa superficie era de 850 m2, resultado de agrupar as superficie do camiño público existente cos terreos concedido temporalmente por Navantía ao Concello para tal finalidade. É dicir, os 399,62 m2 de concesión do estaleiro conxuntamente cos 450,38 m2 de titularidade pública segundo establece o Inventario de Bens Municipal con respecto á Rúa Hortela.

Pero a pesar de:
- Estar referendado o documento técnico polo Pleno Municipal.
- Existir dispoñibilidade dos terreos, como así consta no informe técnico, en razón ao Inventario de Bens Municipais e ao Convenio con Navantia.
- Manter coincidencia estricta cos lindes do parceiro Catastral
- Gardar axuste debido á realidade viaria do PXOM
Contra todo prognóstico, a obra cuxas características reflíctense no seguinte plano, e que atendían á realidade do proxectado e aprobado plenariamente; por "inxustificada determinación política", foi suspendida clandestinamente, e xa que logo, anulada a súa execución, sen gardar observancia debida ao procedemento administrativo para a súa variación, nin tampouco cursar os trámites debidos de exposición pública e de audiencia aos afectados.
Consumándose deste xeito unha burda manobra de corrupción urbanística, cuxos directos implicados teñen identidade coñecida e siglas políticas de acompañamento, e que por saúde democrática será preciso publicitar ata as últimas consecuencias en esixencia e expurga de responsabilidades.
Avante prometeu transparencia no seu Programa Electoral, e con isto non fai mais que cumprir coa súa promesa.
(COMPARTE E COMENTA O QUE TODOS/AS DEBEN SABER)
CONTINUARÁ
Achega fotográfica de interese
(Reporte histórico sobre a zona)
As alumnas da foto hoxe vivas, andan entre os 70 e 80 anos e a gran maioría (90%), poden testificar que na década dos anos 60, cando acudían á Escola da Torre, faciáno a través do acceso peonil que partía do Almacén da Estación.
Claro que todo este repertorio fotográfico e demais achegas, deixan de ter valor probatorio, contra a presentación de quen dispoñendo de Escritura de Propiedade veña a demostrar xusto o contrario.
A cousa é doada, tan só hai que posuir o devandito Título de Propiedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario