martes, 16 de junio de 2015

FENE: URBANÍSTICAMENTE CHEIRA QUE APESTA (I)


Se na anterior "serie de entregas" Avante deixaba probado documentalmente que unha fracción do solo patrimonial de Navantia S.A. do que o Concello aínda sendo mero concesionario privatizou de forma ilegal; agora, en liña co ofertado no noso Programa Electoral, proseguimos destapando a podremia política que aniña na institución municipal, ampliando información sobre o particular, achegando datos conforme a ilegalidade foi tamén a tónica dominante á hora de traspasar a mans privadas bens de pertenza e dominio público municipal.

Empezaremos por informar que coa entrega clandestina dunha fracción da traza da Rúa Hortela a terceiros, por acción ou omisión consumáronse dous delitos nun só acto, tendo por directos responsables a idénticos grupos políticos que dende o 13 de Xuño conforman o novo organigrama municipal. (coa salvidade da formación de estrea)

Sendo así, como abeirados tras as siglas do PP, PSOE, BNG e IU, uns concelleiros que nunca debesen dispoñer de credencial como tal, sen tan sequera instruir expediente administrativo para o efecto, con imprudente proceder incorreron en prácticas de prevaricación e de vulneración da disciplina legal por:

  • 1.-Renuncia consentida dunha «pertenza» acreditada plenamente como municipal (ius possidendi, pola súa condición de titular dominical), cando, tanto o uso desta, como o referido no  Inventario de Bens Municipal e a inexistencia de título alleo, aseguraba de modo inequívoco a anterior posesión pública do ben (ius possesionis).

  • 2.- Entrega e indebida ocupación dun tramo de traza viaria, que como tal, recolle o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM); sen mediar para iso figura urbanística de reforma ou modificación do planeamento, nin tampouco, trámite ningún de desafectación, permuta e ou no seu caso agrupación que xustificara o procedemento de privatizacion, como demais trámites de obrigado cumprimento en suposto de alienación de bens patrimoniais.


Aspectos sobre os que dende Avante achegamos documentación acreditativa que ademais de avalar a veracidade do exposto, referenda a ilegalidade do actuado como documentalmente poñen de manifesto as "insercións de advertencia" que acompañaranse mais adiante  e que polo seu contido veñen a demostrar (como é de sobras coñecido dende a súa orixe), que a operación  realizouse "á marxe da lei, a sabendas e a propio intento" coa agravante de estar rodeada de intereses  e connotacións políticas.



REFERENCIA AO INVENTARIO DE BENS








REFERENCIA AO PXOU (Plan Xeral)








RESUMO


Sendo así como a situación xerada ademais de anacrónica resulta patética, pola contraposición que representa a dualidade administrativa dos feitos, ao darse o caso que mentres un terceiro goza clandestinamente dun ben público, oficialmente, a propiedade segue incluída no Inventario de Bens Municipal e á vez mantense po seu espazo como traza viaria no Plan Xeral, e esta insólita situación, ou ben eméndase por canles administrativas restituíndo a legalidade, ou no seu defecto, non queda outra que interesar a intervención da Xudicatura en  demanda de  responsabilidade penal e requerimento de inhabilitación.

En próxima entrega como reforzo do aquí exposto, achegaranse extractos de informes técnico - xurídicos desaconsellando por inadecuado que se levase termo o ilegalmente consumado.

As cousas son así de certas, aínda que os directos responsables, previo ao proceso electoral, non tivesen a valentía nin a decencia política de transparentar a verdade poñendo esta en coñecemento dos electores.

Avante prometeu transparencia no seu Programa Electoral, e con isto non fai mais que cumprir coa súa promesa.  

(COMPARTE   E COMENTA O QUE TODOS/AS DEBEN SABER)

CONTINUARÁ

Achega fotográfica de interese



                                          Rúa Hortela -Demolición muro de Navantia 


                                                                                                   Expresión gráfica da antiga situación



                                                                                                    Estado anterior Rúa Hortela con sinal de acceso á galescola

No hay comentarios:

Publicar un comentario