lunes, 8 de junio de 2015

DESBROZANDO NA CORRUPCIÓN (IV)

Esta é a "entrega" final sobre o convenio concertado entre o Concello de Fene e Navantía S.A., do que terían de ter pleno coñecemento a totalidade dos membros da anterior e actual corporación,  e que aínda así, fixeron caso omiso do seu contido e dos informes (técnicos - xurídicos) con advertencia de ilegalidade, extremo que deu lugar  a que   por acción ou omisión os corporativos poidan ter cometido  multitude de  transgresións da legalidade.

Consumación reiterada de delitos sobre ordenación do territorio
Distracción dá disciplina urbanística
Cesión indebida de bens públicos a terceiros
Comisión de dolo e prevaricación
Inobservancia ás determinacións do PXOM
Negación á restitución dá legalidade
Contravención de convenio de cesión con Navantia SA
Exposición do Concello ao resarcimento por prexuízos e dános aterceiros.
Etc.

Actos, que en modo algún debe ser a institución municipal quen responda deles, senón directamente os cargos públicos responsables de telos feito, e subsidiariamente,  os partidos que os nomearon e toleraron no tempo a consolidación do acontecido.

Por iso que previo á constitución do goberno municipal en Fene, dende Avante, esiximos pronunciamento público dos novos cargos sobre a corrupción municipal, no senso de demandar a restitución da legalidade, así como, a expurga de responsabilidades políticas, esixindo ao efecto que a institución municipal proceda vía civil e penal contra os directos responsable da infracción da legalidade, para que no seu caso impoñase o expresado taxativamente nos informes emitidos pola oficina técnica municipal.(DAREMOS  CONTA DELES EN NOVA SERIE DE ENTREGAS)


É visto que  o escándalo está servido........"



                                                                                            Non perdan detalle...Terémolos informados! 

Para  que  sexan vostedes  quen ao final tiren conclusión! 

INFORMACIÓN

(Segue da anterior publicación)




Anexo I do Convenio: Plano da parcela cedida temporalmente por Navantia, e que en réxime de concesión tería que ostentar o Concello a súa administración.


Plano de Cartografía Catastral con expresión en fondo gris dos ámbitos de propiedade e representación gráfica de aliñacións viarias das rúas do PXOM.

No que se reflicte unha "singular" transferencia a terceiros, e así, sen mediar procedemento administrativo de tipo ningún ponse en mans privadas:

1).-Parte dun camiño do Plan Xeral, ou o que é o mesmo, un ben público demanial que ademais de estar recollido como tal no planeamento  xenuíno, está incluído co nº42 no Inventario de Bens Municipal.

2).- Fracción da propiedade cedida en réxime de concesión por Navantia, e da que o concello é mero depositario, sen título ningún nin potestade de disposición.

c.- E para colmo, dicir que todas as obras de adecuación do entorno"privatizado" foron sufragadas a conta do erario público.

Nin que dicir ten que todo esto tufa  a inhabilitación !



CONSUMACIÓN
En resumo, contravindo as determinacións dos informes (técnico - xurídicos) nos que de forma precisa  expresábase con anterioridade a ilegalidade do actuado, os políticos municipais pola súa conta e risco, deciden facer caso omiso ás devanditas advertencias e apostar pola consumación do  indebido.

Obviamente nin aquela foi unha xestión decente,  nin agora é aconsellable a súa presenza política na institución municipal, como tampouco sería de recibo, que os novos edís tomasen posesión dos seus cargos   referendando co  silencio esta infracción da legalidade.

De calquera xeito, ante a opacidade  e a rebeldía político - institucional, sempre está expedita a vía xurisdicional!


Avante prometeu transparencia no seu Programa Electoral, e con isto non fai mais que cumprir coa súa promesa.  (COMPARTE   E COMENTA O QUE TODOS/AS DEBEN SABER)



Anecdotario fotográfico





Estas fotos antigas reflicten o estado anterior da actual gardaría, naquel entón a cancela de acceso ao recinto estaba situada na posición que se mostra.

A pregunta está servida.

Saben vostedes porque único e exclusivo camiño  accedíase a esta entrada ?


SEGUIREMOS ENGADINDO DOCUMENTACIÓN FOTOGRÁFICA

1 comentario:

  1. Pasan sobre das leis como se fosen caudillos dos concellos, facendo normal o asalto as propiedades alleas.

    ResponderEliminar