A totalidade dos grupos político da Corporación de Fene, é dicir BNG, PP, PSOE e EU, coñecen dende a súa firma o contido deste documento, que agora Avante fai púbico "fraccionadamente" para coñecemento dos veciños/as, e así, que sexan eles/as os que tiren conclusións sobre quen conforma politicamente a trama de corrupción municipal, e saiban á vez onde foi parar o seu Voto nas últimas eleccións.
De momento quéden só cun par de datos, tal son:
1).- Que a parcela suxeito do convenio que se achega, foi e segue a ser titularidade de Navantia S.A. e sirva como testemuña o referente da súa inscrición no Rexistro da Propiedade
2).- Que polo tanto, o Concello non ostenta nin ostentou título ningún sobre esta parcela, sendo un mero concesionario con límite de uso e temporalidade.
Coñecido isto, o escándalo aínda está por vir..!
Non perdan detalle...Terémolos informados!
Para que sexan vostedes quen ao final tiren conclusión!
No hay comentarios:
Publicar un comentario