- A pesar do anuncio de pronta execución difundido pola corporación do PSOE en outubro de 2008 e da posterior moción do PP en decembro do mesmo ano esixíndo como oposición a urxente construción dun paso de comunicación entre a zona de O Cruceiro e a Avenida Marqués de Figueroa, en Perlío; aquela lexislatura deu ao seu fin sen levar a termo a demandada infraestutura de comunicación.
- Malia o cambio de goberno municipal na actual lexislatura e á permuta de cometidos, cun PP na alcaldía e o PSOE na oposición, xa na recta final deste novo mandato e despois de 8 longos anos de promesas incumpridas, nin uns nin outros foron quen de resolver tal complexa situación, forzando coa súa ineficacia que os transeúntes sigan a xogarse a súa integridade cruzando a vía férrea a través dun paso a nivel de alto risco.
O continuo perigo que corren os usuarios que atravesan o paso a nivel de O Cruceiro, foi un dos argumentos exposto en xaneiro de 2009 en escrito dirixido á Alcaldía por un colectivo de 700 veciños e veciñas da localidade, que ademais de criticar a situación, esixían da Corporación a maior urxencia na erradicación do grave problema que representaba a utilización do referido paso.
Engadían asemade como reforzo á súa demanda, que o paso a nivel pola súa localización nunha área con elevada densidade de poboación, moi próxima ao Centro da Terceira Idade e á Igrexa e Cemiterio de Perlío, facía que polo uso destes equipamentos, diariamente transitasen sobre a vía férrea ao redor de 300 persoas, cuxa frecuencia elevaba a súa intensidade os fins de semana.
Á vez de advertir mesmamente que o notorio desnivel entre as rasantes de ambos os dous bordos da traza ferroviaria, era afrontado polos peóns a través dunhas escalinatas en precario, desiguais, exentas de varanda de protección no noiro, limitacións todas elas que acentuaban o factor de risco. Sumado a iso, e para maior complexidade a nula visibilidade do tráfico ferroviario dada a localización do paso nunha acentuada curva do trazado da liña férrea, como tamén, a asiduidade de cruce de persoas de avanzada idade e de minguada axilidade locomotora.
Como queira que os argumentos expostos manteñen plena vixencia e que a pesar das razóns esgrimidas finaliza esta nova lexislatura sen ser atendida a histórica reivindicación veciñal, PODEMOS-fene asumindo como propio o contido da demanda veciñal, en evitación de desgracias irreparables, instará da Alcaldía a celebración dun pleno monográfico sobre o asunto, para que a corporación de forma unánime esixa ao ADIF (Administración de Infraestruturas Ferroviarias) a licitación das obras de construción dun paso superior que comunique a zona de O Castro coa Avenida Marqués de Figueroa, antes da celebración das próximas Eleccións Xerais, e sen considerar para efecto algún, o signo político da corporación resultante dos comicios municipais.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2015/02/27/fene-podemos-insta-convoque-pleno-sobre-via-tren/0003_201502F27C7997.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario