PODEMOS-fene, entende que a provisión de 5 millóns de pneumáticos ao interior do recinto da antiga fábrica Rubber situada ao bordo da N- 651, polo seu impacto
mediambiental toma condición de delito ecolóxico de primeira magnitude.
Solicitará
da institución municipal expediente
administrativo a efectos de determinar o
alcance de responsabilidades, como asemade
esixindo a erradicación de tan daniña
realidade.
Desde que en outubro do ano 2000 crebou fabríca, o abasto de pneumáticos existentes na planta, transformouse
de facto nun vertedoiro ilegal. que por pasividade interventora derivou nun
serio problema ambiental que pasados 14 anos por acumulada neglixencia e
implicación política de todo signo, fixo que o recinto da antiga planta de
recauchutados Rubber, sexa ao día de hoxe o mais perigoso depósito de
pneumáticos de toda a xeografía galega.
Tal é así que actualmente nesa
localización deposítanse ao redor de 60.000 toneladas de pneumáticos
abandonados, ou o que é o mesmo 5 millóns de rodas desbotadas, amoreadas nunha
zona de 5700 m2 ,
e a escaso medio quilómetro da zona urbana de Fene, que ademais da afección por
impacto paisaxístico, a degradación química parcial dese material pon en grave
risco a estabilidade dos recursos naturais da zona. afectando nocivamente ao
solo, o subsolo, e á totalidade do medio hidrobiolóxico.
Tendo de engadir a iso que por situación
anexa a unha frondosa masa forestal, un suposto incendio obrigaría á total
evacuación da veciñanza da localidade, por canto a nube tóxica de combustión
das rodas almacenadas sería altamente perigosa para a saúde humana ao causar
afección ao sistema respiratorio, afogos inmediatos, insuficiencia cardíaca,
asma e ata cancro pulmonar.
Xa que logo,PODEMOS-fene, ao marxe da obrigada rendición de contas e
expurga por responsabilidades, esixirá en primeiro termo e sen mais dilación a
recondución da situación en prol de alcanzar a urxente erradicación de tan
daniña realidade, acudindo en primeira instancia a adminstración municipal (
Concello de Fene),instando expediente administrativo, para unha vez revisado seu contido proceder en
consecuencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario